Materiais didácticos e concursos escolares
Premio Anual Otero Pedrayo para Estudantes
A Fundación Otero Pedrayo, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, organiza o Premio Anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO, ciclos de FP e Bacharelato.
Nel pode participar calquera estudante ou grupo de estudantes de Educación Secundaria Obligatoria, ciclo formativo ou Bacharelato matriculado en calquera centro de Galicia no curso académico correspondente ao ano da convocatoria do premio.
O alumnado pode optar a premios individuais ou premios grupais.
O prazo de participación acostuma abrir en setembro ou outubro e pechar en febreiro. A entrega dos premios faise en marzo, no mes de nacemento de Ramón Otero Pedrayo.
Se queres participar no seguinte premio de estudantes, queda pendente das nosas redes sociais.
Tamén podes botarlle un ollo á nosa canle de Youtube (@FundOteroPedrayo), onde atoparás traballos presentados a concurso de anos anteriores.
Premio de Oratoria en Formato Pódcast
"Ramón Otero Pedrayo"
A Asociación de Amigos de Ramón Otero Pedrayo convoca cada ano o Premio de Oratoria en Formato Pódcast, coa colaboración da Fundación Otero Pedrayo, que cede o espazo para a entrega de premios e comparte a convocatoria.
O premio está dirixido ao alumnado menor de 25 anos de calquera ámbito. A idea é facer que a figura de don Ramón non sexa esquecida polas novas xeracións.
Se queres participar no seguinte premio, queda pendente das nosas redes sociais.
Podes botarlle un ollo á nosa canle de Youtube (@FundOteroPedrayo), onde atoparás traballos presentados a concurso de anos anteriores.
Fichas educativas para estudantes de Primaria
Aquí podes atopar algunhas fichas educativas deseñadas para cativos sobre don Ramón, a súa vida e a súa obra, feitas pola Fundación Otero Pedrayo.
Están pensadas para estudantes de Primaria (de 8 a 12 anos).


