Revista Trasalba

"Trasalba, verde lus nas pupilas de pedra… Trasalba, tristeira e lucidía frol da ialba


Así ensalzaba don Ramón tal nome, o da súa aldea, no seu libro Bocarribeira, poemas pra ler e queimar. Don Ramón foi alumando o seu poemario no seu retiro invernal de Trasalba, á luz dun quinqué ou dalgunha vela, pois daquela aínda non chegara a luz eléctrica á pequena parroquia dos Chaos de Amoeiro. Foi entre o Nadal de 1955 e 1956 cando el compuxo estes versos.


E é TRASALBA o nome co que nace esta revista, co fin de acoller o amplo mundo literario, cultural e vital do Patriarca das Letras Galegas."



-      Eduardo López Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo (2024). 


ARTIGOS INCLUÍDOS

Primeiro número da revista Trasalba 2024


 “Ourense en Otero Pedrayo”. Xosé Luis Méndez Ferrín.

“As novelas de Otero Pedrayo en 1934. Reseñas críticas.” Xosé Antonio López Silva.

“Ramón Otero Pedrayo, catedrático de Xeografía”. Manuel Arroyo Núñez.

“Apuntamentos sobre a obra historiográfica de Ramón Otero Pedrayo.” Pegerto Saavedra.

“O narrador Otero Pedrayo hoxe.” Xosé Manuel Salgado.

"Otero, historiador (data da Guerra Civil)." Ramón Villares.

"A novela de Rosalía de Castro vista por Otero Pedrayo". - Christian Switek.

“Poesía e Xeografía de Bocarribeira.” Lucía González Vázquez.

“Otero Pedrayo alumno. Traxectoria no centro que leva o seu nome.” Lidia Rodríguez Domínguez, Celia Rodríguez Fernández, Nerea Rodríguez Andrade.

Ver revista

ARTIGOS INCLUÍDOS

Segundo número da revista Trasalba 2025


“Romaría a Trasalba”. Henrique Monteagudo.

"Albricias polo Ano Oteriano 2026". José Eduardo López Pereira.

“Achega a unha fotobiografía de Josefina Bustamante”. Xosé Antonio López Silva.

“Homilía da Festa das Bodas de Ouro do casamento de R. Otero Pedrayo”. Xosé Isorna.

“Os cincuenta anos de matrimonio de dona Josefina e don Ramón.” Maribel Outeiriño.

“A muller que deixa herdanza...”. Xosé Isorna.

“Manuel Pedrayo Valencia”. Patricia Arias Chachero.

“Dedicatorias a Ramón Otero Pedrayo: unha achega”. Borja Blanco Babarro, Andrea Estévez Álvarez.

“Prácticas epistolares e construción do canon literario. Anisia Miranda Fernández e Ramón Otero Pedrayo”. Andrea Mosteiro Sangiao.

"O Rostro de Galicia". José Nicanor Alonso Álvarez.

“Normas de entrega de orixinais para publicación”. Por se fose de interese participar na Revista Trasalba.

Ver revista